CEG

 

Subvencións e axudas públicas

Plan dixitalización Industria 4.0 - 2021-2022

Resolución para a realización de proxectos de dixitalización ao amparo da Resolución do 18 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras dos obradoiros e as axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021, susceptibles de ser financiadas no marco do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 e procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Cheques dixitalización COVID-19 - 2021

Resolución para a realización de proxectos de dixitalización ao amparo da Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (Programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de COVID-19 e convócanse en réxime de concorrencia non competitiva.

Formación en diálogo social e negociación colectiva 2021-2022

Resolución para a realización de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, ao amparo da orde do 18 de agosto de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva e convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2021 e 2022.

Gabinetes Igualdade 2021

Resolución para a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos de igualdade, ao amparo da orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial e procédese á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2021.

Consello Económico e Social de Galicia 2021

Resolución pola que se establece o procedemento de libramento e xustificación de fondos do concepto transferencias correntes a familias e institucións sen fins de lucro do orzamento do CES para o exercicio 2021.

Contratación de persoal técnico 2021

Resolución para contratación de persoal técnico ao amparo da Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2021.

Prevención de Riscos Laborais 2021

Resolución para a realización das accións de fomento da Prevención de Riscos Laborais, ao amparo da orde de 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2021.

Consello Económico e Social de Galicia 2020

Resolución pola que se establece o procedemento de libramento e xustificación de fondos do concepto transferencias correntes a familias e institucións sen fins de lucro do orzamento do CES para o exercicio 2020.

Contratación de persoal técnico 2020

Resolución para contratación de persoal técnico ao amparo da Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2020.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.